27 jun 2014

Inauguración do cinema Palleiriso

Esta é unha aposta polo cinema no rural. Sabemos que estamos nunha situación realmente dramática. Desapareceron practicamente tódalas salas de cine de localidades de menos de 10.000 habitantes, pode quedar algunha. O que queremos é dinamizar culturalmente este concello, esta comarca a través da montaxe nun vello palleiro dun cinema ao xeito antigo.


Estamos en , unha aldea moi preto a Chantada, onde chegou a haber até oito salas.
Hoxe, para ver unha película na gran pantalla, os veciños teñen que facer máis de sesenta quilómetros.
Esta sala é máis humilde, pero con moito encanto. Algunha das cadeiras supera os sesenta anos.
A primeira proxección terá lugar o 28 de xuño e os filmes podéranse ver de balde.

Ademáis, faremos un «Encontro de Cineclubes» en colaboración coa Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», que precisamente celebra connosco o seu , este é programa de actos que temos pensado desenvolver para tan magno día…