Estamos en Garabelos, unha aldea moi preto a Chantada, onde chegou a haber até oito salas.
Hoxe, para ver unha película na gran pantalla, os veciños teñen que facer máis de sesenta quilómetros.
Esta sala é máis humilde, pero con moito encanto. Algunha das cadeiras supera os sesenta anos.
A primeira proxección terá lugar o 28 de xuño e os filmes podéranse ver de balde.
Ademáis, faremos un «Encontro de Cineclubes» en colaboración coa Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», que precisamente celebra connosco o seu trinta aniversario, este é programa de actos que temos pensado desenvolver para tan magno día…
10:30 h. Recepción de participantes e cineclubes.
11:00 h. Campo de traballo no cinema Palleiriso.
14:00 h. Sesión vermú co «Trío Motobomba», composto polo dueto de Cristina Asenjo R. (acordeón) e Samuel S. Figueiras (guitarra e voz), agardando contar co acompañamento dos presentes (velaquí tes un pequeno lembrete para que non teñas escusas), para cantar e tocar temas tradicionais ao máis puro estilo festivo-tabernario.
Cristina é habitual dos Sonoro Maxín, do que Samuel participou até hai ben pouco.
14:40 h. Xantar de leira.
16:15 h. Coloquio—debate sobre o cinema no rural.
18:30 h. Inauguración do «cinema Palleiriso» con música e cinema.
Haberá unha sesión de cinema en 16mm a cargo de Cris Lores (cineclube Pontevedra) e o cinema dixital aportado polos cineclubes; contaremos cunha escolma dos traballos feitos por Charlie Chaplin (para conmemorar o centenario do seu primeiro filme).
21:00 h. Remate da xuntanza.
Agardamos contar con voso apoio nesta nova xeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta as seguintes pautas...
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina do Cineclube.