19 may 2018

Cinema para coidar a terra

O sábado 9 de xuño, en no , celebramos unha xornada adicada ao medio ambiente, con obradoiros sobre ecoloxía e cinema, onde agardamos contar coa presenza de e Manuel Valcárcel (e de todos e todas os que nos queirades acompañar).
Haberá música, faladoiros e conversas, xantar temático e roteiros co lema «Cinema para coidar a terra».

Deseguido tedes a programación prevista para este día:


10:30 hAlmorzo-recepción «Como agua para chocolate».

11:00 hInauguración oubeando con Marcos R. Pantoja, o neno criado por lobos en «Sierra Morena, actividade infantil (AI) para nenos e nenas.

11:30 hPresentación con representantes da «SGEA» e da «Feciga».

12:00 h«Paraíso Roubado» sobre o impacto da celulosa en Pontevedra e obradoiro, con Belén Veleiro (cineclube Pontevedra), de construcción de zootropos pendurados das árbores (AI).

13:30 hCurtametraxes de Galiza e Portugal coa banda sonora de Servando Barreiro «Músicas da Terra».

14:00 hXantar temático

15:30 hCharla coloquio sobre «Audiovisual e natureza», como usar móbiles, tabletas, pizarras dixitais…, na divulgación ambientalista.

18:00 hRoteiro ambientalista de gravación audiovisual con Manuel Valcárcel polo bosque das lobas até o carballo grande Pousada.

21:00 hClasura coa proxección do documental «Tempo» sobre o Courel, coa presenza do director Manuel Valcárcel.



O único custe é o do xantar, 3 euros, de balde para os nenos e nenas e o pagamento faise no sitio á hora sinalada para o xantar. Podedes obter máis información no seguinte formulario ou inscribirte no enderezo de carballoconbotas[@]hotmail.com ou ben, no teléfono/WhatsApp [+34] 648 075 831.
 

Cartaz «Cinema para coidar a terra»
Debuxo: Servando Barreiro

 

A xornada conta coa colaboración da «Agadic» e da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», baixo o padroádego do cineclube Os Papeiros e da Sociedade Galega de Educación Ambiental «SGEA»



Podes ollar o álbum de fotos desa xornada e se o desexas, engadir as túas. Lembra que todas imaxes teñen licenza (cc) Creative Commons BY–NC–SA
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina do Cineclube.