2 sept 2019

Cinema para coidar a terra (II)

O sábado 7 de setembro, en no , celebramos unha nova xornada adicada ao medio ambiente, con obradoiros sobre ecoloxía e cinema, a segunda edición, onde agardamos contar coa presenza de Bocixa, membros das plataformas contra a minería de Touro, Teo…, Belén Veleiro, o Señor Lili e Pulpiño Viascon (e de todos e todas os que nos queirades acompañar).
Haberá música, faladoiros e conversas, xantar campestre e roteiros co lema «Cinema para coidar a terra» II.

Deseguido tedes a programación prevista para este día:


11:00 hRecepción con bio-almorzo.

11:30 hPresentación da xornada.

11:45 hProxección do traballo audiovisual «Cinema para coidar a terra 2018» e «Marcos» de Manuel Valcárcel.

12:00 hO audiovisual e a divulgación ambiental na rede []
Proxección de traballo ambientais e de patrimonio da canle Ribeira Sacra.

14:00 hXantar campestre

15:00 hCafé debate, o cinema como plataforma de acción ambientalista. Moderado por Bocixa con membros das plataformas de loita contra a contaminación (Touro, Teo…)

16:00 hActuación musical da Musicleta co Señor Lili e Pulpiño Viascon

17:00 hProxección e debate «Estruturas, Pel contra Pel» de Paco Gallego e Xosé Bocixa

18:30 hRoteiro ambientalista e de gravación audiovisual até o Carballo Grande de Pousada —500 anos—(2 km. ida e volta)

20:00 hDespedida coa proxección de «Miñoca» de Iago de Santa e estrea da curtametraxe rodada en Belesar «A Pescadora» de Edu Lavandeira



Actividades Infantís (para nenas e nenos, grandes e pequenos)
  • Obradoiro de stop-motión con material de refugallo, recortes… a cargo de Belén Veleiro
  • Banda sonora forestal con elementos da natureza
  • Proxección en super-8 no horreo de documentais de animación de Felix Rodriguez de la Fuente
  • Proxeccions «Árbores no Bandullo» coa Cinecleta
Podedes obter máis información no seguinte formulario ou inscribirte no enderezo de carballoconbotas[@]hotmail.com ou ben, no teléfono/WhatsApp [+34] 648 075 831.
 

Cartaz «Cinema para coidar a terra»
Debuxo: Servando Barreiro

 

A xornada conta coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga»


Podedes ollar o álbum de fotos da xornada anterior e se o desexades, engadir as túas desta nova quenda. Lembra que utilizamos a licenza (cc) Creative Commons BY–NC–SA
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta as seguintes pautas...

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina do Cineclube.