27 jun. 2014

Inauguración do cinema Palleiriso

Esta é unha aposta polo cinema no rural. Sabemos que estamos nunha situación realmente dramática. Desapareceron practicamente tódalas salas de cine de localidades de menos de 10.000 habitantes, pode quedar algunha. O que queremos é dinamizar culturalmente este concello, esta comarca a través da montaxe nun vello palleiro dun cinema ao xeito antigo.


Estamos en , unha aldea moi preto a Chantada, onde chegou a haber até oito salas.
Hoxe, para ver unha película na gran pantalla, os veciños teñen que facer máis de sesenta quilómetros.
Esta sala é máis humilde, pero con moito encanto. Algunha das cadeiras supera os sesenta anos.
A primeira proxección terá lugar o 28 de xuño e os filmes podéranse ver de balde.

Ademáis, faremos un «Encontro de Cineclubes» en colaboración coa Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», que precisamente celebra connosco o seu , este é programa de actos que temos pensado desenvolver para tan magno día…



10:30 hRecepción de participantes e cineclubes.

11:00 hCampo de traballo no cinema Palleiriso.

14:00 hSesión vermú co «Trío Motobomba», composto polo dueto de Cristina Asenjo R. (acordeón) e Samuel S. Figueiras (guitarra e voz), agardando contar co acompañamento dos presentes (velaquí tes un pequeno lembrete para que non teñas escusas), para cantar e tocar temas tradicionais ao máis puro estilo festivo-tabernario.
Cristina é habitual dos Sonoro Maxín, do que Samuel participou até hai ben pouco
.

14:40 hXantar de leira.

16:15 hColoquio—debate sobre o cinema no rural.

18:30 hInauguración do «cinema Palleiriso» con música e cinema.
Haberá unha sesión de cinema en 16mm a cargo de Cris Lores (cineclube Pontevedra) e o cinema dixital aportado polos cineclubes; contaremos cunha escolma dos traballos feitos por (para conmemorar o centenario do seu primeiro filme)
.

21:00 hRemate da xuntanza.


Agardamos contar con voso apoio nesta nova xeira.



14 abr. 1994

Enderezo e Localización do cineclube

Cineclube

Os Papeiros

Av. Portugal 16
27500 Chantada (Lugo)
Galicia
 
 

Ver Localización do cineclube Os Papeiros nun mapa máis grande
Consultar outras localizacións de proxección
 
 

web cineclubeospapeiros.blogspot.com
móbil ir.gl/op
@ O enderezo do correo electrónico amósase de dereita cara á esquerda, unha técnica para evitar que os robots rastrexen e recolecten o enderezo do correo, deste xeito intentamos protexernos do SPAM. Preme neste ligazón para ver o enderezo correctamente 
Tel. +(34) 982 162 582
 
 
  •       «Semana de cinema»
    Cinema ao ar libre - Praza do Cantón - 27500 Chantada (Lugo)
hora No mes de agosto, semana de luns a xoves as 22:15  h. (CEST)
entradade balde