2 sept 2019

Cinema para coidar a terra (II)

O sábado 7 de setembro, en no , celebramos unha nova xornada adicada ao medio ambiente, con obradoiros sobre ecoloxía e cinema, a segunda edición, onde agardamos contar coa presenza de Bocixa, membros das plataformas contra a minería de Touro, Teo…, Belén Veleiro, o Señor Lili e Pulpiño Viascon (e de todos e todas os que nos queirades acompañar).
Haberá música, faladoiros e conversas, xantar campestre e roteiros co lema «Cinema para coidar a terra» II.

19 may 2018

Cinema para coidar a terra

O sábado 9 de xuño, en no , celebramos unha xornada adicada ao medio ambiente, con obradoiros sobre ecoloxía e cinema, onde agardamos contar coa presenza de e Manuel Valcárcel (e de todos e todas os que nos queirades acompañar).
Haberá música, faladoiros e conversas, xantar temático e roteiros co lema «Cinema para coidar a terra».

Deseguido tedes a programación prevista para este día:

27 jun 2014

Inauguración do cinema Palleiriso

Esta é unha aposta polo cinema no rural. Sabemos que estamos nunha situación realmente dramática. Desapareceron practicamente tódalas salas de cine de localidades de menos de 10.000 habitantes, pode quedar algunha. O que queremos é dinamizar culturalmente este concello, esta comarca a través da montaxe nun vello palleiro dun cinema ao xeito antigo.


Estamos en , unha aldea moi preto a Chantada, onde chegou a haber até oito salas.
Hoxe, para ver unha película na gran pantalla, os veciños teñen que facer máis de sesenta quilómetros.
Esta sala é máis humilde, pero con moito encanto. Algunha das cadeiras supera os sesenta anos.
A primeira proxección terá lugar o 28 de xuño e os filmes podéranse ver de balde.

Ademáis, faremos un «Encontro de Cineclubes» en colaboración coa Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», que precisamente celebra connosco o seu , este é programa de actos que temos pensado desenvolver para tan magno día…


14 abr 1994

Enderezo e Localización do cineclube

Cineclube

Os Papeiros

Av. Portugal 16
27500 Chantada (Lugo)
Galicia
 
 

Ver Localización do cineclube Os Papeiros nun mapa máis grande
Consultar outras localizacións de proxección
 
 

web cineclubeospapeiros.blogspot.com
móbil ir.gl/pap
@ O enderezo do correo electrónico amósase de dereita cara á esquerda, unha técnica para evitar que os robots rastrexen e recolecten o enderezo do correo, deste xeito intentamos protexernos do SPAM. Preme neste ligazón para ver o enderezo correctamente 
Tel. +(34) 648 075 831
 
 
  •       «Semana de cinema»
    Cinema ao ar libre - Praza do Cantón - 27500 Chantada (Lugo)
hora No mes de agosto, semana de luns a xoves as 22:15  h. (CEST)
entradade balde